Servizos Administrativos

Xestión da tua Propiedade Agraria

Asesoría Fiscal e contable

Xestión de fiscalidade en explotacións agrogandeiras

Impostos de sucesións, transmisións e donacións

Asesoramento e xestión de impostos relacionados con herdanzas e sucesións agrarias

Constitucións de sociedades e cooperativas

Asesoramento en constitución de sociedades, elaboración de estatutos e tramitación en xeral.

Admisnistrativo

ASESORÍA FISCAL E CONTABLE

En Gabinete Técnico Agropecuario Terra Cha, ofrecemos un servizo especializado de asesoría fiscal e contable deseñado para agricultores, gandeiros e empresas do sector agrario.
O noso obxectivo é garantir o cumprimento das obrigacións tributarias e contables, optimizando a xestión económica da súa explotación.
Encargámonos da planificación fiscal, a xestión de impostos e a levanza da contabilidade, adaptándonos ás particularidades do sector. Tamén lle asesoramos na toma de decisións estratéxicas para mellorar a rendibilidade e sustentabilidade do seu negocio.

Optimiza a Xestión da túa Propiedade Agraria.
Asegura a túa tranquilidade e cumprimento legal

982 523 649

Adminitrativo

IMPOSTOS DE SUCESIÓNS, TRANSMISIÓNS E DOAZÓNS

Despois da perda dun ser querido, realizamos o acompañamento aos herdeiros, dende a tramitación do imposto de sucesións, comprobacións das propiedades en catastro, actualización de documentación e posterior preparación para realizar a correspondente adxudicación de herdanza. Realizamos tamén tramitación de impostos de transmisións e doazóns, así como sacar as valoración de referencia das propiedade.
Admisnistrativo

CONSTITUCIÓNS DE SOCIEDADES E COOPERATIVAS

Constitucións, disolucións ou transformacións de sociedades:
1. Cooperativas
2. Sociedades civís, S.L, S.A. ....
3. SAT ( Sociedades agrarias de transformación)
4. Titularidades compartidas (TC)

Estudio do tipo de sociedade que conveña, segundo en cada caso, Estudios de viabilidade e plans empresariais, elaboración dos estatutos e documentación precisa para dita tramitación.