Servizos de enxeñería e proxectos

Solucións integrais para a construcción, adecuación e legalización de infraestructuras agrarias.

Proxectos e Legalización de Obras

Dende a concepción inicial ata a execución e legalización de infraestruturas agrarias.

Medición de Terreos

Servizos de topografía para a medición e delimitación exacta de propiedades agrarias.

Ventas, permutas, particións,
segregacións e agrupacións

Xestión e asesoramento na división e fusión de parcelas agrarias

Legalización de pozos de auga

Tramitación de permisos e regularización de pozos de auga

Proxectos

PROXECTOS E LEGALIZACIÓN DE OBRAS

O noso servizo de proxectos e legalización de obras abarca desde a concepción inicial ata a execución e legalización de infraestruturas agrarias e da industria de transformación alimentaria.
Especializámonos na elaboración de deseños técnicos e a xestión integral de proxectos de construción, asegurando que todas as obras cumpran coas normativas e estándares establecidos.
Facilitamos a obtención dos permisos necesarios e asegurámonos de que as infraestruturas sexan legalmente recoñecidas, proporcionando aos nosos clientes a tranquilidade dun proceso completo e conforme á lei.
Enxeñaría

MEDICIÓN DE TERREOS

Ofrecemos servizos de topografía e medición precisos que permiten a delimitación exacta de propiedades agrarias, para o que contamos coa última tecnoloxía que asegura unha alta fiabilidade. Estas medicións son fundamentais para a planificación estratéxica do uso do chan, proporcionando datos fiables para a xestión eficiente de recursos. Isto permite aos nosos clientes a toma de decisións informadas para unha mellor xestión dos seus terreos e o desenvolvemento de proxectos a longo prazo. Ademais realizamos toda a tramitación precisa para correcións de erros en catastro (cartografía), incluída as validacións gráficas.

Optimiza a Xestión da tua Propiedade Agraria.
Asegura a tua tranquilidade e cumplimento legal

982 523 649

Enxeñaría

VENTAS, PERMUTAS, PARTICIÓNS, SEGREGACIÓNS E AGRUPACIÓNS

Especializámonos na xestión e asesoramento aos nosos clientes en materia de permutas arrendamentos e ventas de terreos. Tramitamos os cambios de titularidade e modificacións do parcelario ante as administracións públicas, así como os impostos e taxas derivados de ditas transaccións. A nosa experiencia na xestión (deste tipo de transaccións ou trámites) garante a tramitación rápida e con todas as garantías legais para a tranquilidade dos nosos clientes.
Legal

LEGALIZACIÓN DE POZOS DE AUGA

Ofrecemos servizos especializados na legalización de pozos e outros aproveitamentos de auga, asegurando o cumprimento das normativas vixentes e facilitando unha explotación axeitada e legal dos recursos hídricos. Encargámonos da tramitación de permisos, o cumprimento das regulacións ambientais e a garantía dunha xestión sostible da auga, contribuíndo ao desenvolvemento responsable e sostible no sector agrícola e máis aló. Apoiamos aos nosos clientes na implementación de medidas de conservación e uso eficiente da auga, fomentando un equilibrio axeitado entre as necesidades agrícolas e a protección ambiental.

TRABALLOS REALIZADOS

Nesta sección convidámoste a descubrir algúns dos proxectos e traballos que levamos a cabo, reflexo do noso compromiso co sector rural e agrícola. A través destas imaxes poderás coñecer de preto o impacto positivo do noso traballo, contribuíndo ao desenvolvemento sostible, á mellora de infraestruturas e á competitividade das explotacións agrícolas e gandeiras.