Xestión de axudas

Facilitamos o acceso a subvencións e programas de apoio que impulsan o desenvolvemento do sector agropecuario.

Incorporación de persoas mozas/novas
e plan de mellora

Apoiamos a incorporación de xente nova ao sector agrario, facilitando a súa incorporación con todas as garantías e aproveitando das axudas dispoñibles.

Axudas PAC e Agroambientais

Axudas Agroambientais e Plan de mellora. Xestionamos que os nosos clientes poidan acceder aos diferentes programas destinados á sustentabilidade e mellora do sector agrario.

Xestión de Axudas

INCORPORACIÓN DE PERSOAS MOZAS

Apoiamos a incorporación de xente nova ao sector agrario, facilitando a súa incorporación con todas as garantías e aproveitando das axudas dispoñibles.
Ofrecemos un servizo integral que inclúe a planificación do seu proxecto, elaboración de Estudios de viabilidade e plans empresariais e plans de investimentos no sector agrogandeiro e a tramitación das posibles axudas para os proxectos.
O noso equipo acompáñalle en cada paso, asegurando un inicio sólido e exitoso na súa actividade agraria.
Contacte connosco e dea o primeiro paso cara ao seu futuro no sector agrario.
Xestión de Axudas

AXUDAS PAC E AGROAMBIENTAIS

Somos Entidade de Asesoramento autorizada pola Consellería de Medio Rural con número de rexistro EAX_08_003, e no noso servizo, comprometémonos a guiar aos nosos clientes a través do complexo proceso de solicitude e xestión das Axudas PAC e agroambientais. Proporcionamos asesoramento experto para maximizar as oportunidades de financiamento dispoñible. Xestionamos as Axudas Agroambientais, deseñadas para promover prácticas agrícolas e gandeiras sostibles que protexan o medio ambiente e fomenten a biodiversidade. Estas axudas achegan beneficios económicos, contribúen á conservación dos recursos naturais e prepáranlle para cumprir coas normativas ambientais actuais e futuras. Realizamos a tramitación e asesoramento das axudas da PAC e agroambientais. Ademais contamos con asesores técnicos en materia de cultivos, fitosanitarios, abonos e un longo etcétera. Confíe en nós para optimizar a súa participación nas Axudas PAC e fortalecer o seu negocio agrícola cara a un futuro máis próspero, sostible e respetuoso co medio ambiente.

Optimiza a Xestión da túa Propiedade Agraria.
Asegura a túa tranquilidade e cumprimento legal

982 523 649

Xestión de Axudas

AXUDAS Á INDUSTRIA AGROALIMENTARIA

Servizo integral para axudar ás empresas do sector agroalimentario para acceder ás axudas dispoñibles, tanto para a posta en marcha de novos proxectos como para a modernización e ampliación das instalacións existentes. Damos servizo a empresas de primeira transformación como queixerías, panaderías e un longo etcétera.
Ofrecemos asesoramento personalizado para identificar as mellores axudas e encargámonos da súa tramitación, garantindo o cumprimento normativo. Tamén brindamos apoio técnico para mellorar tecnoloxías e procesos, e incrementar a competitividade e capacidade mediante a redacción de proxectos de obra e reforma. Axudámoslle a impulsar o seu proxecto no sector agroalimentario con garantía de éxito.