MR351A-Axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria e equipamento agrarios en réxime asociativo en Galicia.

MR351A-Axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria e equipamento agrarios en réxime asociativo en Galicia.

OBXECTO

Esta arde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia. Serán subvenciona bles os seguintes investimentos:

a. Maquinaria agrícola.

b. Estudos técnico-económicos de viabilidade.

Non se subvencionarán:

a. A mera reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.

b. O IVE e outros impostas.

c. Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin as máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.

d. A maquinaria e os investimentos de carácter forestal.

e. Colleitadoras de forraxes cun uso previsto menor de 500 horas anuais.

f. A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

• Cooperativas agrarias.
• Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).
• Cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
• SAT procedente de fusión de polo menos dúas explotacións agrarias nos últimos 5 anos naturais.

CONTÍA DAS AXUDAS

O importe da axuda que se concederá a cada beneficiario será do 35 % dos custos elixibles, que se poderán incrementar ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

• 5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.
• 10 % por investimentos colectivos, cando o beneficiario procede dunha fusión de cooperativas.

PRAZO SOLICITUDES:

16/01/2025 00:00 – 17/02/2025 23:59

INFORMACIÓN

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario
Teléfono: 881 99 72 15/ 981 54 00 53
Email: sxaexplotacions.mediorural@xunta.ga1.
https://www.xunta.ga1/dog/Publicados/2025/20250115/AnuncioG0426-231224-0001 gl.html

Noticias Recomendadas

Please select listing to show.