PRAZO: 21/02/2025 00:00 – 21/04/2025 23:59, ou cando se agote o orzamento..
OBXETO: Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía Social.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
SOCIEDADES COOPERATIVAS, SOCIEDADES LABORAIS, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Todos teñen que acreditar 42 meses de antiguedade, e ter as contas anuais rexistradas no rexistro correspondente.
EXCLUIDOS OS BENEFICIARIOS DESTA AXUDA EN 2024.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
1. Equipamento informático.
2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
4. Mellora na eficiencia enerxética.
5. Adquisición de equipamentos.
6. Reforma do local de negocio.
7. Mobiliario.
8. Obtención de certificacions de calidade.
9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
10. Plan de Protección de datos.
11. Elementos de transporte.
12. Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estean dadas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA).
CONTÍA DAS AXUDAS
A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:
• 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 3, 8, 9 e 10.
• 600 € para cada actividade formativa das incluídas no concepto 12
• límite máximo das axudas establécese en 30.000 € por cada entidade solicitante.
PERÍODO DE EXECUCIÓN
O período de execución de accións abranguerá desde o 1 de novembro de 2024 ata o 31 de outubro de 2025. A data máxima de presentación da solicitude de pagamento e xustificación das acción subvencionadas será a sinalada na resolución de concesión e, de ser o caso, como máximo o 10 de novembro de 2025.
INFORMACION: Teléfono: 981544784/ 981541675
Email: economiasocial.emprego@xunta.gal

