PRAZO: 26/06/2025 00:00 – 28/07/2025 23:59
A) MR404A Establecemento de persoas agricultoras mozas.
REQUISITOS:
- Idade entre 18 e 40 anos (ambos incluídos). (non cumprir este ano 41)
- Incorporarse por primeira vez ou nos 12 meses anteriores.
- Cumprir coa condición de Agricultor Profesional nos 18 meses posteriores á data de Establecemento
- Acadar unha renda mínima equivalente ao 35% da renda de referencia.
- Acadar un nivel de capacitación profesional suficiente nos 36 meses posteriores á data de establecemento.
- Non ter recibido a mesma axuda con anterioridade. Presentar un plan empresarial
CONTÍA DA AXUDA
Axuda de base de 30.000 € ata un máximo 70.000 € en función dos seguintes criterios:
Muller: +10.000 €
Incorporarse en Zona de Montaña ou Rede Natura: +10.000 €
Incorporarse nunha granxa de agricultura ecolóxica: +10.000 €
Incorporarse nunha granxa de titularidade compartida: +10.000 €
No caso de incorporarse nunha granxa intensiva a axuda limitarase a 30.000 €
PRAZOS XUSTIFICACIÓN :
Prazo máximo de 24 meses logo da concesión da axuda
PRAZOS DE PAGO:
60% logo da concesión e 40% restante logo da execución do plan empresarial
COMPROMISOS:
Permanecer na actividade agraria 5 anos dende o pagamento final da axuda. Participar no programa de titorización de persoas mozas levado a cabo pola consellería de medio rural a través das oficinas agrarias.
MR405F Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións.
REQUISITOS:
- Ser persoa moza que solicita simultáneamente a axuda de mozos.
- Ser titular dunha granxa inscrita no REAGA.
- Ter unha idade mínima de 18 anos (no caso de persoas físicas).
- Que a actividade principal sexa a agraria.
- Acadar unha renda mínima equivalente ao 35% da renda de referencia.
- Non ter ningunha axuda concedida pola mesma intervención.
- Presentar un plan de viabilidade dos investimentos.
- Realizar un investimento mínimo de 15.000 €
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES
- Reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria.
- Compra de construcións agrarias en deshuso.
- Plantación ou mellora de cultivos leñosos de froita.
- Compra de terreos ate un máximo do 10% do investimento elixible.
- Investimentos inmateriais.
- Investimentos relacionados co cumprimento de normas de obrigado cumprimento da unión europea.
CONTÍA DA AXUDA
- • Axuda de base do 30% do custe elixible ate un máximo 65% en función dos seguintes
- criterios: Persoa agricultora moza: +10 %
- Investimentos en Zona de Montaña ou RN2000: +10%
- Investimentos en granxas de agricultura ecolóxica: +10%
- Titular muller: +5%
No caso de incorporarse nunha granxa intensiva a axuda limitarase ao 30% Importe máximo da axuda é de 75.000 €/UTA e de 250.000 €/beneficiario. En maquinaira máximo o 30%.
COMPROMISOS:Permanecer na actividade agraria 5 anos dende o pagamento final da axuda
PRAZOS XUSTIFICACIÓN: Prazo máximo de 24 meses logo da concesión da axuda. AXUDAS
C) MR405H Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións.
REQUISITOS:
- Ser persoa moza cunha axuda concedida de incorporación no ano 2.024.
- Ser titular dunha granxa inscrita no REAGA.
- Ter unha idade mínima de 18 anos (no caso de persoas físicas).
- Que a actividade principal sexa a agraria.
- Acadar unha renda mínima equivalente ao 35% da renda de referencia.
- Non ter ningunha axuda concedida pola mesma intervención.
- Presentar un plan de viabilidade dos investimentos.
- Realizar un investimento mínimo de 15.000 €
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES
- Reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria.
- Compra de construcións agrarias en deshuso.
- Plantación ou mellora de cultivos leñosos de froita.
- Compra de terreos ate un máximo do 10% do investimento elixible.
- Investimentos inmateriais.
- Investimentos relacionados co cumprimento de normas de obrigado cumprimento da unión europea.
CONTÍA DA AXUDA
- • Axuda de base do 40% do custe elixible ate un máximo 65% en función dos seguintes
- criterios: Investimentos en Zona de Montaña ou RN2000: +10%
- Investimentos en granxas de agricultura ecolóxica: +10%
- Titular muller: +5%
No caso de incorporarse nunha granxa intensiva a axuda limitarase ao 30% Importe máximo da axuda é de 75.000 €/UTA e de 250.000 €/beneficiario. En maquinaira máximo o 30%.
COMPROMISOS:Permanecer na actividade agraria 5 anos dende o pagamento final da axuda
PRAZOS XUSTIFICACIÓN: Prazo máximo de 24 meses logo da concesión da axuda.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250625/AnuncioG0426-110625-0005_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250625/AnuncioG0426-110625-0003_gl.html

