Axudas á financiación 2025

Axudas á financiación 2025

PERSOAS BENEFICIARIAS:

Requisitos:

 a. Ser titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto no caso de ser unha persoa agricultora moza ou nova, que estará exenta de cumprir esta condición.

b. Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.

 c. Ter capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012 polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas. As persoas xurídicas deberán acreditar que polo menos o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.

d. Que a súa actividade principal sexa a agraria.

e. Dispor dunha contabilidade específica Feader.

 f. Non ter recoñecido o dereito a un préstamo garantido polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 para a mesma intervención e finalidade.

DISPOSICIÓNS ESPECIFICAS:

Sección 1ª. Intervención 68411 Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais.

Sección 2ª. Intervención 68412 Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias. Recoñecemento do dereito a un préstamo garantido con bonificación de xuros.. PARA INVESTIMENTOS E TAMEN CAPITAL CIRCULANTE.

As entidades financeiras coas que se poderán formalizar os préstamos regulados nesta orde serán as que estean adheridas ao Instrumento financeiro de xestión centralizada mediante a sinatura dun convenio tipo coa SAECA.

TODOS OS PRÉSTAMOS LEVAN UNHA BONIFICACIÓN DE 3 PUNTOS PORCENTUAIS DURANTE OS TRES PRIMEIROS ANOS.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PROCEDEMENTO: MR350A

O prazo de solicitude estará aberto ata o remate do orzamento.

SECCIÓN 1º Axudas a investimentos cambio climático

Operacións susceptibles de apoio financeiro mediante préstamo garantido. Serán obxecto de axuda mediante o instrumento financeiro os gastos dos investimentos produtivos que teñan como obxectivo contribuír a:

a. Accións de mitigación ou adaptación ao cambio climático.

b. Investimentos para a xestión eficiente dos recursos auga, solo e aire.

c. Mellora da eficiencia enerxética e produción de enerxías verdes.

d. Investimentos para a mellora do benestar animal.

e. Investimentos en medidas de bioseguridade nas explotacións agrarias.

Os investimentos deberán «contribuír á atenuación do cambio climático e á adaptación aos seus efectos, así como á enerxía sustentable», e/ou «promover o desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente dos recursos naturais tales como a auga, o solo e o aire» e/ou «mellorar a resposta da agricultura da UE ás exixencias sociais, en materia de alimentación e saúde, en particular cuns produtos alimenticios seguros, nutritivos e sustentables, así como no relativo ao malgasto de alimentos e o benestar dos animais».

No caso de investimentos para enerxías renovables, deberanse observar os criterios de sustentabilidade de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro establecidos na Directiva sobre enerxías renovables 2018/2001. A produción de enerxía renovable destinarase exclusivamente para o autoconsumo da explotación.

Serán elixibles os investimentos que se realicen con anterioridade á data de presentación da solicitude, sempre que non se executasen na súa totalidade. En calquera caso, a data de inicio dos gastos efectuados non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2023.

Se os investimentos son obras e/ou instalacións fixas, será necesario un certificado do técnico competente da Consellería do Medio Rural en que se faga constar o non inicio destas ou que non están finalizadas. Neste último caso, a persoa solicitante deberá acreditar a data de inicio dos investimentos.

Este certificado poderá ser substituído por unha acta notarial que reflicta fidedignamente o non inicio da obra e/ou instalación fixa ou que non están finalizadas, sempre que esta ofreza probas pertinentes e fiables do estado dos investimentos.

CARACTERÍTICAS DO PRÉSTAMO:

IMPORTE MÍNIMO DE 30.000 EUROS,  E MÁXIMO DE 250.000 EUROS

Sección 2ª. Intervención 68412 Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias. Recoñecemento do dereito a un préstamo garantido con bonificación de xuros.

Operacións susceptibles de apoio financeiro mediante préstamo garantido

  1. Préstamos para investimentos:

   Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade das explotacións. En particular:

a. A reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoña unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade, o cumprimento de novas normas obrigatorias da Unión Europea, a mellora das condicións de seguridade laboral.

b. Compra de construcións agrarias en desuso ou de construcións adquiridas a través da transmisión dunha explotación agraria coa intermediación do Banco de Explotacións.

c. Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude froiteira (árbores e arbustos froiteiros).

d. A compra de animais conforme o establecido no artigo 73.3.d) do Regulamento (UE) nº 2021/2115.

e. A compra de terreos conforme o establecido no artigo 73.3.d) do Regulamento (UE) nº 2021/2115.

f. Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados poderán comprender gastos xerais, licenzas de software u outros permisos.

g. Os investimentos para adaptarse a normas de obrigado cumprimento da Unión só serán elixibles no período de gracia de 12-24 meses.

Gastos dos investimentos nas instalacións de rega de carácter privativo que non comporten un aumento da superficie de rega, sempre que a autoridade competente en planificación hidrolóxica considere a actuación dentro do seu programa de medidas.    

Debe instalarse, como parte do investimento, un sistema de medición que permita medir mediante contador o uso da auga correspondente ao investimento obxecto da axuda.

 Nun investimento destinado a mellorar unha instalación de rega existente ou un elemento da infraestrutura de rega deberase avaliar previamente que esta permite levar a cabo un aforro potencial de auga en función dos parámetros técnicos da infraestrutura ou instalación existentes. Este aforro potencial debe de estar entre o 5- 25%.

CARACTERÍSTICAS DO PRÉSTAMO:

IMPORTE MÍNIMO: 30.000,00  €             IMPORTE MÁXIMO: 500.000, 00 €.

  • Préstamos para capital circulante:

Considérase como capital circulante, sempre que contribúa á consecución do obxectivo específico 2, o seguinte gasto:

a. A compra de dereitos de produción agrícola.

b. Os gastos de conservación e mantemento ou os derivados de actividades de funcionamento da explotación.

2. O importe total das axudas ao capital circulante non excederá un (ESB) de 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais.

 Características do préstamo garantido

IMPORTE MÍNIMO: 15.000,00  €             IMPORTE MÁXIMO: 30.000, 00 €.

Noticias Recomendadas

Please select listing to show.