Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026.
Comunicación do dano
Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque no caso de gando en réxime intensivo e de tres (3) días no caso de gando en réxime semiextensivo ou extensivo, mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente. O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde as 8.00 ata as 17.30 horas, os sábados.
Para os danos constatados entre as 17.30 horas dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación da constatación do ataque realizarase nas vinte e catro horas seguintes contados desde as 20.00 horas do domingo. Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar o labor investigador dos/das axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta. Para isto, tomaranse as medidas oportunas para evitar, no posible, a alteración do escenario do acto de depredación e evitará, en todo caso, o seu traslado do lugar dos feitos.
Os animais feridos poderán ser atendidos por persoal veterinario coa menor manipulación posible, co obxecto de non entorpecer o labor investigador.
PRAZO DE SOLICITUDES
Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2026.
Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2025 e 15/12/2025, o prazo de presentación será dun mes contado a partir de 15/12/2025.
Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes
contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.
ANEXO I Baremo utilizado para o pagamento de axudas polos ataques do lobo en bovino e equino

O importe das axudas por morte do gando incrementarase nun 10 % no caso daquelas explotacións en que se comprobase a aplicación de medidas preventivas fronte aos ataques do lobo (cans para a protección e defensa do gando, cerrumes de malla electrificada, valados fixos electrificados e valados fixos con malla gandeira ou cinexética, e que fosen avaliadas como axeitadas pola Comisión correspondente de Valoración. No caso de animais feridos, a axuda calcularase en función dos gastos
veterinarios producidos e acreditados nunha contía que, en ningún caso, poderá exceder o límite das
contías previstas no anexo I desta orde. No caso de animais que, tras o tratamento prescrito, morran como consecuencia das feridas producidas polo acto de depredación, a axuda poderá superar o límite das contías previstas no anexo I desta orde ata un máximo do 10% das anteditas contías. No caso de reses afectadas polo ataque de lobo que sobrevivan ao acto de depredación e como consecuencia del sufran un aborto, que precisará dunha certificación veterinaria que o acredite, a cantidade compensatoria por cada aborto corresponderá a un 75 % do valor da clase e idade máis baixa.
No caso de parto múltiple, compensarase por cada un dos animais abortados.
Os gastos de eutanasia producidos e acreditados serán compensables.
O importe máximo de eutanasia por animal establécese en 75,00 €.

