FINALIDADE DAS AXUDAS:
A finalidade destas axudas é favorecer a renovación xeracional, aumentar a viabilidade das explotacións agrarias mediante a súa reestruturación e ampliación e incrementar o grao de cualificación profesional das persoas titulares, apoiando a persoas agricultoras que decidan cesar na súa actividade agraria co fin de ceder a súa explotación a outras persoas, mediante a presentación dun proxecto de cooperación.
PERSOAS BENEFICIARIAS:
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas físicas, xefas de explotación, que cumpran os requisitos para acceder á xubilación no momento de realizar a transmisión, ou por causa de incapacidade laboral permanente, conforme a lexislación nacional, e que cedan a súa explotación agraria a outra persoa física ou xurídica que queira sucederlle a través dun proxecto de cooperación para a sucesión desa explotación agraria. Quedan excluídas da condición de persoa beneficiaria as persoas titulares de explotacións agrarias clasificadas como de autoconsumo ou non comercial. REQUISITOS DE CEDENTE/PERSOA BENEFICIARIA:
a) Presentar un proxecto de cooperación formalizado xunto coa solicitude da axuda, cunha persoa cesionaria que non poderá ser familiar de primeiro grao da persoa cedente, nin tratarse dunha persoa xurídica con algún socio que sexa familiar de primeiro grao desa persoa cedente.
b) Ser agricultor activo.
c) Exercer a actividade agraria durante os cinco anos anteriores á solicitude de axuda.
d) Ser titular dunha explotación agraria cuxa produción estándar total (PET) sexa, como mín, de 8.000 €.
e) Non ter máis de 70 anos. f) Ter inscrita a explotación agraria no Banco de Explotacións
g) Cotizar á Seguridade Social pola súa actividade agraria na data de presentación da solicitude de axuda.
h) Estar en situación para acceder á xubilación no momento da transmisión, nun prazo máximo de seis (6) meses contado desde a data de presentación da solicitude de axuda ou, de ser o caso, ter recoñecida unha situación de incapacidade permanente para a actividade agraria no dito prazo.
CONTÍA DA AXUDA:
A axuda consistirá nun importe a tanto alzado en forma de pago anual por un período de cinco (5) anos que se calculará en función do tamaño da explotación. En todo caso, a axuda poderá acadar no total de todas as anualidades a contía de 30.000 €, ou un máximo anual de 6.000 €.
PRAZO SOLICITUDE DE AXUDAS: 23/12/2025 – 23/06/2026

