O obxecto subvencións a proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, co fin de reforzar o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos.
Persoas beneficiarias:
As pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2025.
Persoas físicas que residan nunha zona rural. As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2025.
Titulares dunha explotación agraria, ou membros de súa unidade familiar ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.
Proxectos subvencionables
Á adquisición de bens de equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:
1º) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
2º) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
3º) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servizos nos sectores de hostalaría (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico) e restauración.
4º) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, …)
5º) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
6º) Artesanía e actividades artesanais.
7º) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
8º) Comercio polo miúdo.
Proxectos subvencionables
Con carácter xeral, será subvencionable a compra de bens de equipamento novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.
Intensidade da axuda:
A axuda será do 50 % dos gastos subvencionables.
PRAZO: 20/01/2026 00:00 – 19/02/2026 23:59
INFORMACIÓN:
AGADER 981 547 369
GABINETE TÉCNICO AGROPECUARIO TERRA CHA,S.C.Galega 19/01/2026

