Axudas a rehabilitación de vivendas no rural en concellos de menos de 5.000 habitantes – VI435E

Axudas a rehabilitación de vivendas no rural en concellos de menos de 5.000 habitantes – VI435E

OBXECTO DA AXUDA.

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio ao financiamento ás obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación que se realicen en vivendas sitas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes, así como ás actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas situados nos mesmos, para destinalos a residencia habitual e permanente das persoas propietarias e/ou usufrutuarias ou a alugueiro.

Actuacións subvencionables.

1. Consideraranse actuacións subvencionables ao abeiro deste programa a execución de obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas así como as actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda. Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas as de accesibilidade, conservación, habitabilidade, sustentabilidade e eficiencia enerxética das vivendas, así como as actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

2. O custo total das actuacións subvencionables poderá incluír os honorarios dos profesionais que interveñan, o custo da redacción dos proxectos, no seu caso, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Así mesmo, no custo total das actuacións poderanse incluír os gastos derivados de impostos, taxas e tributos, debidamente xustificados.

Requisitos das actuacións.

Que todas as actuacións a realizar se axusten á normativa técnica e urbanística en vigor.  

Que as actuacións subvencionables non estean iniciadas na data de publicación da correspondente convocatoria de axudas.

O prazo de execución das obras virá fixado na resolución de concesión da subvención, sen que en ningún caso poida exceder de dezaoito meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Para o caso de actuacións plurianuais, será necesario que o inicio das actuacións teña lugar no exercicio que se determine na correspondente convocatoria.

PERSOAS BENEFICIARIAS.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos referidos inmobles situados, en concellos de menos de 5.000 habitantes e que acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM. No suposto de que as vivendas se vaian a destinar ao alugueiro non será de aplicación o citado límite de ingresos.

CONTÍA DAS AXUDAS.

As axudas serán do 75 % do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 30.000 euros por vivenda.


PRAZO SOLICITUDES 21/01/2026 (9.00) – 01/09/2026 (14.00), ou remate de orzamento.

Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes, validamente presentadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia ata que se esgote o orzamento da convocatoria.

INFORMACIÓN: Departamento Territorial da Consellería de Vivenda


Teléfono: 982-294942   Email: vpa.igvs.lugo@xunta.gal

GABINETE TECNICO AGROPECUARIO TERRA CHA,S.C.GA 13/01/2026

Noticias Recomendadas

Please select listing to show.