INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES
Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias desta orde, unha subvención do 60 % dos investimentos que se van subvencionar, cun límite máximo de 7.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.
•Compra de maquinaria.
•Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
•Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
•Compra de utillaxe e ferramentas.
•Reforma do local ou espazo do negocio.
•Equipamento informático.
•Equipamento de oficina e/ou negocio.
•Rótulos.
•Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.
•Deseño de marca.
Considerarase investimento e gasto realizado, o que foi efectivamente feito e pagado entre o 1 de outubro de 2025 e a data de presentación da solicitude.
PERSOAS BENEFICIARIAS:
1. As persoas traballadoras autónomas de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que na data da solicitude teñan o domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
b) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2024, inferior a 50.000 euros.
c) Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2024.
2. As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersonais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional,
b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído na declaración referida ao ano 2024.
c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2024, inferior a 50.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas este importe de 50.000 euros referirase á suma de todos os rendementos netos reducidos (rendementos da actividade económica da entidade solicitante), declarados no IRPF de cada un dos membros da entidade solicitante (modelo 184).
QUE NON foran beneficiarias nin percibiran esta axuda nalgunha das cinco últimas cinco convocatorias (2021-2025 ambas incluídas).
PRAZO SOLICITUDES 11/02/2026 09:00 – 30/09/2026 20:00
Ata esgotamento do orzamento. Atenden as solicitudes por orde de rexistro
INFORMACIÓN:
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Lugo
Teléfono: 982294912 Email: emprego.lugo@xunta.gal

