Axudas económicas para a prevención dos danos que causan as especies silvestres

Axudas económicas para a prevención dos danos que causan as especies silvestres

MT809D – Axudas económicas para a prevención dos danos
que causan as especies silvestres.


GABINETE TECNICO AGROPECUARIO TERRA CHA,S.C.GA 17/12/2025
PRAZO : 17/12/2025 00:00 – 16/01/2026 23:59

Obxecto Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna
silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, e convocalas para o ano 2026.


Actuacións subvencionables
a. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo: para a adquisición e manutención de cans
para a protección e defensa do gando, de pastores eléctricos e/ou de cerrumes de malla electrificada, cuxa adquisición se faga, en todos os casos, con posterioridade á publicación desta orde.
b. Liña para a prevención de danos ocasionados polo oso: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.
c. Liña para a prevención de danos ocasionados polo xabaril: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.

  1. Será subvencionable a adquisición de cans protectores e defensores do gando cunha idade inferior ou igual aos catro meses, das seguintes razas: mastín español, mastín do Pireneo e can de palleiro, así como os gastos da súa identificación, e a persoa interesada deberá achegar a documentación relativa aos controis sanitarios realizados segundo a lexislación vixente, e a documentación acreditativa da identificación do animal e a súa inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac), de acordo co establecido no punto 3 da disposición transitoria primeira da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. No caso do can de palleiro, deberase achegar, así mesmo, o certificado da entidade xestora do libro xenealóxico da raza, que acredite que o animal está rexistrado no libro xenealóxico da raza correspondente.
    Será subvencionable o gasto de manutención dos cans protectores e defensores do gando das razas mastín español, mastín do Pireneo e can de palleiro.
    O importe máximo das axudas para a adquisición dos cans protectores e defensores do gando, así como os gastos da súa identificación, non excederá os 300 € por can e, no caso de gastos de mantemento, de 200 € por can.
    O número dos animais subvencionables por explotación , é un máximo dun can protector e defensor do gando por rabaño de ata 60 reses de gando menor ou 15 reses de gando maior; ata un máximo de tres cans por explotación, cando se supere este número de reses.
  2. Adquisición de pastores eléctricos.
    As axudas relativas á adquisición dos pastores eléctricos poderán cubrir a totalidade do seu custo de adquisición, IVE excluído, ata un máximo de 3 pastores eléctricos por explotación.
    A contía máxima da axuda por explotación será de 600 €.
    O importe máximo das axudas para a adquisición de pastores eléctricos será de 150 € por pastor eléctrico alimentado por batería ou conectado á rede eléctrica, e de 300 € por pastor eléctrico cuxa batería se alimente con panel fotovoltaico.
  3. Adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada.
    As axudas concedidas poderán cubrir a totalidade do custo da adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada, IVE excluído. A contía máxima da dita axuda será de 100 € por malla de 50 m, ata un máximo de 8 mallas por explotación.
  4. PRAZO : 17/12/2025 00:00 – 16/01/2026 23:59

Noticias Recomendadas

Please select listing to show.