Obxecto: Establecer unha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques de lobo, coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, incentivando a adquisición de elementos preventivos (valados fixos) dos danos que poida ocasionar esta especie.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.
Actuacións subvencionables:
- Valados fixos electrificados. Os valados fixos electrificados terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I de especificacións
técnicas desta orde. Subvencionarase un cercado por cada rabaño de entre 15 e 30 reses de gando menor ou de entre 5 e 10 reses de gando maior e un máximo de 2
cercados por explotación cando se supere o número de ditas reses. O importe máximo da axuda será de 3,5 € por metro lineal, ata un máximo de 1.750 € por valado, IVE excluído. - Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica. Os valados fixos con malla gandeira ou cinexética terán que cumprir as especificacións
que figuran no anexo I de especificacións técnicas desta orde. Subvencionarase un cercado por cada rabaño de entre 25 e 50 reses de
gando menor ou entre 10 e 20 reses de gando maior, e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses. O
importe máximo da axuda será de 4,5 € por metro lineal, ata un máximo de 4.500 € por valado, IVE excluído.
O Servizo de Patrimonio Natural do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que corresponda, en función do territorio, realizará a inspección previa en campo e redactará a acta de non inicio, antes do inicio da instalación do valado, e certificará o remate dos traballos conforme os requisitos establecidos nesta orde e na memoria xustificativa presentada pola persoa solicitante.

