Axudas Leader PEPAC 2023-2027 – MR701L

Axudas Leader PEPAC 2023-2027 – MR701L

OBXECTO:

O obxecto deste acordo é establecer as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da Política Agrícola Común 2023-2027 de España (PEPAC), así como convocar as correspondentes ao ano 2026.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

a) Proxectos promovidos por entidades públicas de carácter local ou comarcal, en concreto: concellos, mancomunidades, consorcios, entidades dependentes das anteriores.

b) Proxectos promovidos por persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, incluíndo nesta categoría ás comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

OPERACIÓNS SUBVENCIONABLES:

 1º. Proxectos produtivos: proxectos que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñen unha creación e/ou mantemento de emprego. Os proxectos de natureza produtiva deberán acadar, cando menos, un 65 % dos fondos públicos totais asignados a cada GDR no ámbito das axudas a operacións de terceiros.  

2º. Proxectos non produtivos: proxectos promovidos por entidades sen ánimo de lucro, entidades públicas locais, comunidades de montes veciñais en man común ou as súas mancomunidades, que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica. No suposto de que o proxecto constitúa unha actividade económica, terá a consideración de non produtivo no caso de que se cumpran as condicións sinaladas no artigo 16.1 deste acordo.

REQUISITOS DE OPERACIÓNS SUBVENCIONABLES

a) Estar localizados no ámbito territorial elixible de aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GDR.

b) Ser viables técnica, económica e financeiramente, para os proxectos de natureza produtiva, e técnica e financeiramente para os non produtivos.

c) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal, autonómica e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

d) Non estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda.  e) Ser finalistas, é dicir, que na data da xustificación final dos investimentos ou gastos subvencionados cumpran os obxectivos e funcións para os cales foron aprobados os proxectos. Non poderán subvencionarse fases dun proxecto que non constitúan unha actividade finalista.

GASTOS SUBVENCIONABLES:

a) A construción, a adquisición e a mellora de inmobles que vaian ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. No caso de adquisición de inmobles, a porcentaxe subvencionable non poderá superar o 50 % do total dos gastos subvencionables. 

b) A adquisición de terreos ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.  

c) A adquisición de maquinaria e equipamento novos.

d) Investimentos intanxibles como a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos, así como a creación de páxinas web, estudos, publicacións e investimentos necesarios para a dixitalización do proceso produtivo ou a xestión da actividade económica. 

e) Custos xerais vinculados aos gastos de investimento, tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade. Os custos xerais descritos nesta alínea non poderán superar o 12 % do custo total subvencionable das operacións de investimento a que estean vinculados. 

f) Gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade prevista no proxecto, así como os gastos de expedición de permisos e licenzas, a adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas.

g) Medios e equipamentos de transporte: Adquisición de vehículos de transporte afectos en exclusiva a actividades empresariais ou profesionais, segundo se define na normativa tributaria vixente, en proxectos que dean lugar ao inicio dunha actividade económica


ENLACE PROCEDEMENTO: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR701L&ano=2026&numpub=1

INFORMACIÓN: NOS GDR COMARCALES.    

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)      Teléfono: 981547354
Email: infoagader@xunta.es   https://agader.xunta.gal/gl


SECTOR PRODUCIÓN PRIMARIA:

1.-  Serán subvencionables os investimentos en explotacións agrarias que se refiran á mellora da súa eficiencia enerxética e/ou ao emprego de fontes de enerxía renovables.  

2.- Tamén serán subvencionables pequenos proxectos, ata un máximo de 30.000,00 euros de investimento total elixible, que supoñan o inicio ou implantación dunha actividade agrícola, gandeira ou agroforestal, sempre que esta constitúa unha actividade complementaria á actividade principal non agraria do promotor do proxecto.  

3.- Serán subvencionables os investimentos que estean vinculados a procedementos ou instrumentos de mobilización ou recuperación de terras regulados na normativa vixente. 

A intensidade de axuda situarase nun mínimo do 15 % e nun máximo do 50 % do investimento total subvencionable

SECTOR TRANSFORMACION E COMERCILIZACION DE PRODUTOS AGRARIOS.


Unicamente se apoiarán a través do Leader pequenos investimentos, tendentes á creación e/ou modernización de empresas de transformación e comercialización de produtos agrarios consistentes en investimentos tanxibles e intanxibles (ata o máximo do orzamento total subvencionable de 60.000,00 euros), destinados a mellorar a competitividade e/ou a sustentabilidade ambiental das pequenas agroindustrias do rural galego.

Os investimentos deben cumprir a normativa aplicable en materia de sanidade e benestar animal, de ser o caso.

A intensidade de axuda situarase nun mínimo do 15 % e nun máximo do 50 % do investimento total subvencionable.

SECTOR TRANSFORMACION E COMERCILIZACION DE PRODUTOS AGRARIOS.

Únicamente se apoiarán investimentos para o uso da madeira como materia prima e fonte de enerxía, así como a produción de bioprodutos forestais como pode ser o aproveitamento de resinas ou similares, a produción de cogomelos baixo substrato forestal, equipamento, recolla e procesamento de castaña. En todos os casos, os investimentos están referidos á produción a pequena escala.

Os proxectos promovidos por comunidades ou mancomunidades de montes veciñais en man común ou por agrupacións de propietarios serán subvencionables no caso de que inclúan unha extensión superior ás 15 hectáreas. Co obxecto de delimitar polo miúdo os proxectos subvencionables que se poden encadrar nesta tipoloxía de proxectos, cómpre sinalar que a maquinaria que se considerará subvencionable deberá estar asociada, en todo caso, ao uso da madeira como materia prima e fonte de enerxía, tendente á produción a pequena escala de tronza de madeira e/ou para pélets. 

As empresas que opten ás axudas previstas neste artigo deberán acreditar que, polo menos unha porcentaxe do 50 % da súa facturación está vinculada ao uso da madeira como materia prima e fonte de enerxía, tendente á produción a pequena escala de tronza de madeira e/ou para pélets, achegando un contrato, facturación ou calquera medio de proba que o acredite. A porcentaxe do orzamento aceptado que será subvencionable irá en concordancia coa porcentaxe da súa facturación que se destina ao uso indicado. Esta porcentaxe de facturación formará parte dos compromisos asumidos polo promotor na resolución de concesión de axuda que se emita nesta tipoloxía de proxectos.

A intensidade de axuda situarase nun mínimo do 15 % e nun máximo do 40 % do investimento total subvencionable. O importe de axuda estará limitado a un máximo de 200.000 euros. 

Modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias

Poderán subvencionarse proxectos que, respondendo ao obxectivo xeral de mellora da calidade de vida en zonas rurais e diversificación da economía rural, supoñan a creación, ampliación e modernización de pequenas empresas, en sectores da economía distintos ao da produción agraria primaria.

Para estes efectos, entenderase por creación a posta en marcha dunha nova empresa ou, no caso de que a empresa xa tivese actividade, a posta en marcha dunha actividade distinta á que viñese desenvolvendo antes da data da solicitude de axuda. Considérase que a actividade é distinta cando a división do Código nacional de actividades económicas (CNAE) correspondente á nova actividade sexa distinta á división do CNAE correspondente á actividade ou actividades que tivese a empresa con carácter previo á data da solicitude de axuda.

Por modernización entenderase a diversificación da produción dun establecemento en novos produtos adicionais ou un cambio fundamental na natureza da produción ou na tecnoloxía correspondente.

Os investimentos que se limiten a substituír un edificio ou unha máquina existente, ou partes deles, por un edificio ou por outra máquina nova, unicamente serán subvencionables no caso de que a substitución supoña ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % con respecto á que viña desenvolvendo o edificio ou a maquinaria substituída.

A intensidade de axuda situarase nun mínimo do 15 % e nun máximo do 50 % do investimento total subvencionable. O importe de axuda estará limitado a un máximo de 200.000,00 euros

ENLACE PROCEDEMENTO: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR701L&ano=2026&numpub=1

INFORMACIÓN: NOS GDR COMARCALES

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)  Teléfono: 981547354

Email: infoagader@xunta.es   https://agader.xunta.gal/gl

BONO ACTIVA RURAL

O Bono Activa Rural configúrase como unha subvención que se basea nun importe de axuda a tanto global destinado á creación e posta en marcha de actividades non agrarias en zonas rurais. A axuda non estará vinculada á xustificación de ningún gasto ou investimento, senón que se vincula ao mantemento da actividade e ao cumprimento do plan empresarial presentado pola persoa seleccionada durante polo menos 5 anos, contados desde a data da alta censual.   Este plan empresarial deberá demostrar a viabilidade económica e técnica da empresa, apoiándose para iso nas condicións de mercado. Os proxectos que se beneficien desta modalidade de axuda concorrerán cos demais proxectos de natureza produtiva que se presenten ao abeiro das diferentes convocatorias.

As persoas beneficiarias desta tipoloxía de proxectos son as persoas físicas, que se dean de alta no réxime de traballadores autónomos e xeren unha actividade empresarial a título individual en que polo menos creen o seu posto de traballo, sempre e cando non estivesen dadas de alta no réxime de autónomos na mesma actividade para a que se solicita a axuda nos últimos 3 anos e que opten por esta modalidade de axuda na correspondente solicitude de axuda, a través do recadro que se habilitará para o efecto.

A axuda poderá acadar ata un máximo de 18.000,00 euros e pagarase en tres anualidades

Os investimentos elixibles en proxectos de natureza non produtiva

Poderán subvencionarse proxectos que teñan un interese público ou colectivo, é dicir, que afecten, interesen ou beneficien dalgún xeito o conxunto da poboación ou da sociedade en xeral, e que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica. 

Poderán subvencionarse proxectos relacionados co mantemento, recuperación e rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e de zonas de alto valor . Tamén serán subvencionables, entre outros, os proxectos referidos á creación, mellora ou ampliación de todo tipo de servizos para a poboación rural como as actividades recreativas e culturais, xunto coas correspondentes infraestruturas a pequena escala. 

Unicamente poderán ser beneficiarias desta tipoloxía de proxectos as entidades sen ánimo de lucro, as entidades públicas locais e as comunidades de montes veciñais en man común ou as súas mancomunidades.

A intensidade de axuda situarase entre un mínimo do 30 % e un máximo do 90 % do investimento total subvencionable. O importe de axuda estará limitado a un máximo de 200.000,00 euros

PRAZO SOLICITUDES:  03/02/2026 00:00 – 06/04/2026 23:59

ENLACE PROCEDEMENTO: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR701L&ano=2026&numpub=1

INFORMACIÓN: NOS GDR COMARCALES.    

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)      Teléfono: 981547354

Email: infoagader@xunta.es   https://agader.xunta.gal/gl

Noticias Recomendadas

Please select listing to show.