Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios – MR340A

Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios – MR340A

ORDE do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2026 (código de procedemento MR340A).

Ligazón á orde no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260116/AnuncioG0426-261225-0001_gl.html

PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

 17/01/2026 00:00 – 16/02/2026 23:59


OS SOLICITANTES terán un prazo de tres meses para presentar a preceptiva licenza de obras no caso de que o investimento inclúa a construción de novas superficies cubertas ou a ampliación das existentes.

Obxecto

Intervención 6842.1. Axudas a investimentos con obxectivos ambientais en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.

Investimentos dirixidos a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (en diante, GEI) na industria, investimentos en procesamento de biomasa agrícola para produción de enerxía, así como incorporación de enerxías alternativas na industria agroalimentaria (renovables e coxeración), investimentos, en xeral, que permitan mellorar a eficiencia enerxética.

Intervención 6842.2. Axudas a investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.

Investimentos no ámbito da transformación e da comercialización de produtos agroalimentarios que busquen, entre outros obxectivos, mellorar o rendemento e desenvolvemento económico das empresas; fomentar os produtos de calidade; mellorar a seguridade alimentaria; favorecer a creación de cadeas curtas de comercialización; potenciar a innovación e a transformación dixital, o desenvolvemento de novos produtos, a busca de novos mercados, a valorización de subprodutos agrarios etc


Posibles beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.

GABINETE TÉCNICO AGROPECUARIO TERRA CHA,S.C.Galega 16/01/2026

Noticias Recomendadas

Please select listing to show.