PRAZO: 10/03/2026 00:00 – 09/04/2026 23:59
a) MR404A Establecemento de persoas agricultoras mozas.
A persoas mozas que xa presentaran a súa solicitude en 2025, non terán que volver rexistrala e garánteselles as mesmas condicións que tiñan o ano pasado, especialmente en relación cos prazos dos investimentos e a idade máxima permitida 41 anos.
As persoas que desexen acceder a estas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos incluídos, e non facer os 41 anos no ano natural da solicitude.
b) Cumprir coas condicións necesarias para ser xefe de explotación por primeira vez ou tela cumprido nos 12 meses anteriores á solicitude da axuda (excepción para a incorporación nunha forma xurídica).
c) Cumprir a condición de agricultor profesional dentro dos dezaoito (18) meses seguinte á data de establecemento.
d) A explotación en que se promove a instalación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.
e) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, no prazo máximo de trinta e seis (36) meses desde o momento do establecemento.
f) Presentar un plan empresarial co seguinte contido mínimo:
b) MR405F Axudas a investimentos en modernización e/o mellora de explotacións. Explotacións Agrarias.
SOLO PODEN SOLICITAR as persoas mozas que solicitan simultaneamente a axuda ao establecemento de persoas agricultoras mozas convocadas nestas bases reguladoras.
GABINETE TECNICO AGROPECUARIO TERRA CHA,S.C.GA 09/03/2026

