Aberta a convocatoria do Programa CULTIVA 2025 para mozos
Este programa de estancias formativas gratuítas permite elixir entre un amplo catálogo de explotacións modelo.
O prazo para presentar solicitudes é do 19 de xuño ao 9 de xullo.
Arrinca a convocatoria do Programa CULTIVA 2025, a iniciativa financiada e desenvolvida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, en colaboración con entidades representativas do sector agrario, que ofrece ás mulleres e homes agricultores e gandeiros novos formación práctica en explotacións modelo de acollida, a través de estancias formativas gratuítas. Esta experiencia permítelles adquirir e consolidar in situ coñecementos sobre aspectos técnicos e de xestión que, posteriormente, poden aplicar no desenvolvemento da súa propia actividade agraria. Consulta aqui o catalogo de explotacións:
As estancias de entre 5 e 14 días en explotacións modelo de toda España non ten custo para o participante. Os gastos de aloxamento, manutención e transporte durante o tempo que dure a súa participación están cubertos polo Programa CULTIVA. Ademais, contará cunha compensación por gastos de substitución para a atención e xestión da súa explotación por parte dunha terceira persoa.
As datas das estancias propostas van fundamentalmente de setembro do 2025 a agosto de 2026.
As explotacións modelo de acollida distribúense por todas as comunidades autónomas, e destacan por ser referentes desde o punto de vista da innovación, os medios produtivos, o modelo de negocio e as características sociais, ambientais e climáticas.
Requisitos para participar en CULTIVA:
Poden participar os e as novos profesionais agrarios titulares de explotación menores de 41 anos (independentemente do ano en que se incorporaron). Tamén quen tendo 41 anos ou máis se instalaron por primeira vez como titulares dunha explotación agraria ou agroalimentaria nos últimos 5 anos (desde 2019 ao 2024) con 40 anos ou menos.
As solicitudes deben realizarse a través da sede electrónica, onde se atopan as instrucións para realizar a solicitude, a ligazón ao catálogo de estancias e o formulario de solicitude. Para calquera consulta, pódese dirixir un correo a: bzn-jovenes@mapa.es.
O prazo para solicitar, é desde o 19 de xuño ao 9 de xullo de 2025, ambos inclusive.
Más información: https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/relevo-generacional/visitas-formativas.
SEDE ELECTRONICA: https://sede.mapa.gob.es/portal/site/seMAPA/ficha-procedimiento?procedure_suborg_responsable=23&procedure_etiqueta_pdu=null&procedure_id=762&by=theme

