Programa de axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a particulares – MT402A

Programa de axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a particulares – MT402A

OBXECTO DA AXUDA.

Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.

Poderanse subvencionar actuacións correctoras consistentes no revestimento de paramentos que actualmente están rematados con materiais ou solucións construtivas que poidan resultar inadecuadas para quedar vistas, como podería ser a fábrica de ladrillo, de bloques de formigón, o formigón ou morteiro de cemento

Finalización, renovación e/o relevo del terminado exterior de las cubiertas.

Poderanse subvencionar actuacións correctoras de impactos paisaxísticos derivados de situacións en que as cubertas das edificacións estean en deficiente estado de conservación ou presenten solucións construtivas ou materiais de acabamento, que poderían ser considerados como inadecuados. Poderá ser subvencionable a substitución decubertas de placas de fibrocemento e/ou doutros materiais, así como a eliminación de elementos adxacentes discordantes cos valores paisaxísticos da contorna onde está a edificación.Nestes casos deberán executarse solucións que garantan o adecuado acabamento e remate construtivo dos inmobles. Considéranse incluídas entre as actuación subvencionables as unidades de obra imprescindibles para o soporte (non estrutural), remate ou renovación das cubertas. Queda excluída de forma expresa a renovación de elementos estruturais (soportes, vigas, pontóns,…), así como as deficiencias estéticas que se resolvan con labores de limpeza.

Recuperación, restauración y/o revestimiento de muros de cierre de terrenos.

Poderán ser obxecto de subvención as actuacións consistentes no revestimento de muros de peche executados con fábrica de ladrillo ou bloques de formigón, sen revestir. O novo revestimento poderá realizarse con pintura (con ou sen recebado previo) ou con morteiros indicados en todo caso para quedar vistos; aplicaranse preferentemente tonalidades brancas ou grises/pardas moi claras. Tamén poderán realizarse chapados de pedra acordes coas características da zona. En todos os casos as actuacións deberán axustarse aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia e da Guía de caracterización e integración paisaxística de valados. Tamén poderá ser obxecto de subvención a redución da altura dos citados muros, mediante a supresión de fileiras de bloques ou de elementos prefabricados de formigón como celosías ou balaustradas, así como a eliminación de elementos adxacentes discordantes cos valores paisaxísticos da contorna. Nestes casos deberán executarse as solucións que garantan o adecuado
acabado e remate construtivo do elemento.

PERSONAS BENEFICIARIAS:

Persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s
das actuacións. Só caberá presentar unha solicitude por persoa e ben. Cada solicitude poderá conter varias actuación.
A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a súa plena dispoñibilidade.


Todas as actuacións deberán contar, sempre e en todo caso, coa comunicación previa ou, de ser necesaria, a correspondente licenza municipal. Todo isto sen prexuízo dos restantes informes ou autorizacións, municipais ou sectoriais, que sexan preciso.

CONTÍA DAS AXUDAS:

O importe da subvención será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable (orzamento aceptado polo Instituto de Estudos do Territorio tendo en conta o valor de mercado), co límite máximo de 3.000 € por solicitante e ben.

PRAZO SOLICITUDES 16/01/2026 12:00 – 16/02/2026 23:59

Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes,
validamente presentadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia ata que se esgote o orzamento da
convocatoria.

INFORMACIÓN: Instituto de Estudios del Territorio (IET)

Teléfono: 981 54 17 55 Email: secretaria.iet@xunta.gal

GABINETE TECNICO AGROPECUARIO TERRA CHA,S.C.GA 07/01/2026

Noticias Recomendadas

Please select listing to show.