ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
- Modalidade A. Adquisición de vivendas localizadas nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.
- Modalidade B. Adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico.
- Modalidade C. Adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial.
PERSOAS BENEFICIARIAS
A) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que lle sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estancia ou residencia en España.
B) Ter subscrito con posterioridade ao 31 de outubro de 2024 un contrato privado ou, no seu caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda, que cumpra os requisitos establecidos nas bases reguladoras e nesta convocatoria.
C) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública formalizada con anterioridade á referida data. Non obstante, no caso da modalidade B, o requisito do empadroamento só será exixible no momento da finalización das obras, para o suposto de que fora necesaria a súa rehabilitación.
D)Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia cumpran os seguí ntes requisitos:
1ª No suposto da modalidade A, que os ditas ingresos sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM. Este límite será de 4 veces o IPREM se na unidade de convivencia existen persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación, e de 5 veces o IPREM cando na composición da unidade de convivencia existan persoas con algunha das seguintes discapacidades: – Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental, persoas con discapacidade intelectual ou persoas con discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %. – Persoas con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 21
2ª No suposto da modalidade B, que os citados ingresos sexan iguais ou inferiores a 6,5 veces o IPREM.
3ª Na modalidade C, ter cumprido o requisito de ingresos no momento que determine a correspondente normativa reguladora.
E) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día das súas abrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade. Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
G) Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integra ntes da súa unidade de co nvivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español. 2. Ademais dos requisitos sinalados no punto anterior, é necesario:
- Na modalidade A ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda ou no momento da subscrición do contrato privado ou da formalización da escritura pública de compravenda, cando esta se realice antes da publicación da convocatoria.
- Na modalidade C, ser adquirente ou adxudicataria, en primeira transmisión, e ter acreditado no correspondente expediente o cumprimento dos requisitos de acceso a unha vivencia protexida exixidos pola normativa reguladora destas vivendas.
- Tamén poderán solicitar a axuda aquelas persoas que presentasen unha solicitude de subvención para a adquisición de vivencia en concellos con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes ao abeiro da Resolución do 12 de febreiro de 2024 e lles fose denegada por esgotamento do crédito previsto na convocatoria. Neste caso, deberán cumprir todos os requisitos sinalados nesta resolución, excepto o referido á data de adquisición da vivencia.
- Na modalidade A, oprezo da vivenda, incluidos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, deberá ser igual ou inferior a 120.000 euros
CONTÍA DAS AXUDAS
a) No suposto da modalidade A, a contía máxima da axuda será de ata 10.800 euros por vivenda.
b) No suposto da modalidade B, a contía máxima da axuda será a seguinte:
- 1ª) Ata 12.800 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos.
- 2ª) Ata 10.800 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.
- 3ª) No suposto de vivendas situadas nun ámbito declarado Área Rexurbe, a contía da axuda será de 15.000 euros por vivenda.
c) No suposto da modalidade C, a contía máxima da axuda será a seguinte: 1º) No caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior, ata 20.000 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos, e ata 16.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos. 2º) No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000 euros, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos, e ata 12.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.
PRAZO: 27/01/2025 00:00 – 15/10/2025 23:5 en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario.
INFORMACIÓN Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS} Teléfono: 981 95 78 87
Email: planificacion.igvs@xunta.gal
https://www.xunta.ga1/dog/Publicados/202S/20250114/AnuncioC3Q2-070125-0001 gl.html

