TRIMAZ

A Asociación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) TRIMAZ está comprometida coa mellora do nivel sanitario e produtivo das explotacións gandeiras de vacún nos concellos de Muras, Xermade, Ourol, Viveiro, Valadouro, Cervo e Xove.

Obxectivos da Asociación

ADSG TRIMAZ aplica programa sanitario marco da Consellería de Medio Rural, segundo a Orde de 18/12/2024, publicada no DOG Nº 8, DE 14/01/2025. Consulta o programa aquí.

Control da diarrea vírica bovina (BVD)

Redución dos efectos negativos en explotacións infectadas, monitorización e medidas de bioseguridade para acadar explotacións libres de BVD.

Control da rinotraqueíte bovina infecciosa (IBR)

Redución progresiva de animais seropositivos para alcanzar a cualificación de explotación indemne.

Control da paratuberculose

Identificación de explotacións infectadas, aplicación de medidas segundo o nivel de risco e minimización dos impactos nas explotacións afectadas.

Control de novas incorporacións

Supervisión sanitaria dos animais que se integren nas explotacións asociadas.

Únete a ADSG TRIMAZ

Asegura a saúde e o éxito da túa explotación gandeira co respaldo dunha asociación que traballa para garantir os máximos estándares sanitarios e produtivos.

Contacta con nós para máis información e comeza a protexer o teu gando hoxe mesmo.

XESTIÓN E CONTACTO

A xestión administrativa e técnica da asociación está a cargo do Gabinete Técnico Agrop. Terra Chá, S.C.G.

Rúa Lois Peña Novo, nº 3 baixo, 27800 Vilalba

Oficina: 982 52 36 49

Veterinaria: 619 41 53 56